A Axencia de Turismo de Galicia convoca axudas para mellorar a eficiencia enerxética en empresas turísticas, dentro do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Estas subvencións están dirixidas a titulares de establecementos turísticos de aloxamento e restauración que estean inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).
As actuacións subvencionables inclúen melloras en hoteis, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas, albergues, restaurantes, cafeterías e bares. A intensidade da axuda pode alcanzar ata o 70% do custo total subvencionable, podendo incrementarse ata o 90% se se logra un aforro enerxético considerable.
O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o 14 de novembro de 2024.
O obxectivo destas subvencións é fomentar a economía circular nas empresas turísticas mediante melloras na eficiencia enerxética da envolvente térmica, a substitución de enerxía convencional por enerxías renovables, instalacións fotovoltaicas para autoconsumo, mellora das instalacións de iluminación, renovación de electrodomésticos e sistemas de automatización e control.
Máis información no 620 87 92 85