Torre do reloxo
- Inicio
- Torre do reloxo
Torre do reloxo
O 17 de agosto de 1941, fíxose realidade o soño duns visionarios arnoienses que residían no Uruguai.
No Val de San Vicente, hai unha torre de pedra de máis de catorce metros de altura, na zona de Capela de San Roque realizada polo canteiro D. Manuel García Vermello coñecido como Manuel de Trinidá (de Remuiño).
Alá por 1929, un grupo de soñadores emigrados comeza a idear algunha axuda, para os que quedaron en Arnoia. Ocórreselles así a feliz idea dun reloxo público, ubicado no Turreiro, que servirá para regular as horas de rego e así evitar as discusións pola hora que lle correspondía a cada campesiño para regar.
Pasaron longos anos, ata que en 1941 o Pleno do Concello de Arnoia, reunido sendo Alcalde Don Delfín Moure Lorenzo. Don Nabor Vázquez Cao segundo tenente de alcalde, Don Avelino Vermello Martínez, xestores da corporación e a comisión veciñal composta por Don Emilio Cid Nóvoa (párroco), presidente Don Evencio Álvarez Bangueses, Don Juan Reibelo Martinez, Don Lorenzo Vázquez Rodríguez, Don Arturo Rono Miguez, Don Andrés Cartelle Deaño, Don José Bangueses Santamaría, Don Celso Martínez Ledo, vocales, que representan ao Centro Arnoia de Montevideo fixeron realidade o soño.
A representación nesta localidade do “Centro Arnoia de Montevideo” fixo entrega nese acto do día 17 de agosto de 1945 do Reloxo Público da Torre desta Corporación (como consta no arquivo da secretaría do Concello).
Esta entrega foi feita, “con todos os dereitos e obrigacións de custodia, coidado e conservación” e como consta en devandito documento:
Facía constar o Sr. Alcalde:
O acto de inauguración contou coa bendición da obra, coa presenza do pobo,
Hai feitos na vida da xente e dos pobos que marcan un antes e un despois. O Reloxo da Torre de San Roque, converteuse coa súa presenza rutilante, nun símbolo da emigración en Uruguai e nun compañeiro imprescindible, que marcará a vida dos labradores de Arnoia.
Son tres as esferas, que se divisan, pola súa ubicación no “Turreiro” desde ambos vales de Arnoia. A Torre do Reloxo, está coroada pola campá cuxo son anuncia as horas, a obra custou 17.000 ptas de entón. O Concello cubriu os gastos que lle faltaban recaudar para a festa de inauguración.
Os que vivimos en Montevideo, soubemos de historias vinculadas ao Reloxo, que nos contaban os vellos emigrantes, con bágoas nos ollos.
Dende tempos inmemoriais atópase nesa zona unha pequena Capela na honra a San Roque. A campá da Capela cando amencía: “tocaba ao Alba” e á noitiña “tocaba ás oracións”. Estes “toques” quedan só no recordo dos maiores. Aínda hoxe anuncian dende o seu campanario a morte dos veciños. Antiguamente soaban diferentes tons para anunciar a desaparición dun veciño ou unha veciña.
Nas festas continúan coa súa repiquetear alegrando a paisaxe e procedendo a procesión do Santo ou Santa que se conmemora.
O 16 de agosto de cada ano, repítese a Festa de San Roque. Comeza a Procesión ao redor do Reloxo. Dada as reducidas dimensións da Capela, os veciños asisten á misa dende fóra cun sol de xustiza, en pleno agosto. Airiños de Arnoia percorre o pobo invitando a participar na Festa.
Na zona do Reloxo, os postos de chucherías e rosquillas completan a paisaxe, xunto a un palco de grandes dimensións que albergará á orquesta que amenizará o baile pola noite.
Xunto ao Reloxo, unha cantina improvisada atendida por mozas do pobo, completan o panorama.
A organización da Festa de San Roque, está a cargo dun grupo de veciños do Val de San Vicente, que ano tras ano, renóvase e buscan as distintas formas de conseguir a colaboración dos veciños.
Logo da cea, onde non faltan os pementos nin o bo viño de Arnoia, a familia no seu conxunto, acompañada por invitados, amigos do Val de San Mauro, concurren a gozar da verbena.
É un momento de encontro, os veciños comparten a alegría con outros veciños, que fan coincidir as súas vacacións de Suiza, Alemania, Barcelona, País Vasco, Salamanca, Madrid, Vigo e Ourense coa Festa de San Roque.
A maioría, chegan os primeiros días de agosto para gozar da “Festa do Pemento” e logo continuar coa de San Roque. Os encontros son moi emotivos e fan destas festas que cada ano os lumes sexan cada máis rechamantes e os saúdos máis entrañables.
Os veciños asisten ataviados coas súas mellores galas aínda que ao bailar, levántese unha polvareda digna de mención.
Despedímonos da Festa de San Roque, ata o próximo 16 de agosto, deixando alí como vigía solitario, ao Reloxo da Torre, cuxa inscripción conmóvenos: