XVI Encuentro de Villas Termales no Concello de Arnoia

Novas

XVI Encuentro de Villas Termales no Concello de Arnoia

Os días 9, 10 e 11 de marzo celebrouse en Arnoia, no Hotel Balneario Caldaria, o XVI Encuentro de Villas Termales” organizado pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) 

Ao longo dos tres días, expertos profesionais tanto nacionais como internacionais, alcaldes dos diferentes municipios termais e outros representantes políticos, compartiron xornadas de traballo e reflexión orientadas a potenciar e consolidar a marca Villas Termales da que o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, é vicepresidente 1º.

Villas Termales Arnoia

No acto de inauguración participaron Rodrigo Aparicio xunto co Presidente de Villas Termales e alcalde de Cuntis, Manuel Campos, a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro e o Presidente da Deputación de Ourense e presidente da Asociación Europea de Ciudades Históricas Termales (EHTTA), Manuel Baltar. 

Todos eles salientaron o feito de que Galicia é un dos principais destinos termais de España e tamén do ámbito internacional e que o termalismo é un produto estratéxico para o turismo e polo tanto, para o desenrolo económico dos territorios.

Mesas redondas sobre diferentes aspectos do termalismo, ponencias, distintas visitas como á Deputación de Ourense, ás instalacións de Augas de Cabreiroá ou á  Bodega Terra de Gargalo, do deseñador Roberto Verino, consituíron estas xornadas 

Xa o último día celebrouse tamén a Asamblea de la Sección de Entidades Locales con Aguas Minerales y Termales de la FEMP onde foron aprobados por unanimidade o plan de traballo e o orzamento.

Tamén se presentou o proxecto Experiencias Turísticas no marco do programa Experiencias Turismo España e se acordaron as sedes dos vindeiros Encontros de Villas Termales que serán en Guitiriz no 2024 e en Vega de Tirados no 2025. 

 

 

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio