Rutas cicloturismo
- Inicio
- Rutas cicloturismo
Arnoia Termal Bike Km0
Arnoia é unha das vilas termais referencia da provincia de Ourense, un dos centros termais máis importantes de Europa que se vinculou nos últimos anos á Volta Ciclista a España tanto como patrocinador como por albergar varias das súas etapas.
Situada na Comarca do Ribeiro, a súa estratéxica localización confírelle unha climatoloxía benévola durante boa parte do ano. O canón do Río Arnoia, a presenza do Río Miño e as augas termais, son os seus principais acenos de identidade xunto a unha contorna de gran interese paisaxístico onde destacan os Mosteiros do Ribeiro, os viñedos e o conxunto histórico de Ribadavia.
Arnoia Termal Bike Km0 aposta pola promoción e comercialización deste territorio como destino termal- sport, fusionando a práctica do ciclismo de estrada e a cultura termal como unha nova fórmula de produto turístico. Ofrecendo un total de 11 rutas deseñadas e avaladas por ciclistas, orientadas a diferentes niveis de usuarios: amateurs, semi-profesionais e profesionais.