D. RODRIGO APARICIO SANTAMARÍA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARNOIA (OURENSE);
O Concello está xestionando a posibilidade de organizar un curso para a obtención do CARNET DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS, que se desenrolará nas datas e lugar que máis adiante se concretará.
Esta actividade programaríase ante a obrigatoriedade de estar en posesión deste carnet para poder aplicar ou axudar na aplicación de produtos fitosanitarios nas viñas ou hortas.
Os interesados en participar no mesmo e obter o carnet, deben anotarse nas oficinas do concello ou chamando ao número de teléfono 988 486 900 con data límite do vindeiro día 23 de maio, martes.
O que se fai público, para o xeral coñecemento, en Arnoia a catro de maio de dous mil vinte e tres.