Continúan os traballos para a posta en marcha do polígono agroforestal de Remuíño

Novas

Continúan os traballos para a posta en marcha do polígono agroforestal de Remuíño

O conselleiro de medio rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento do medio Rural, Inés Santé, e do alcalde de A Arnoia, Rodrigo Aparicio, realizaron unha visita técnica ao polígono agroforestal de Remuíño.

Alí continúan os traballos de desbroce por parte da Xunta de Galicia para a posta en marcha deste polígono agroforestal, o máis grande da provincia e o segundo de Galicia cunha superficie de 224 hectáreas. Tamén é un dos máis complexos debido ao elevado índice de parcelación da terra.

A iniciativa está enmarcada dentro da Ley de Recuperación da Terra Agraria e foi declarada esta misma semana de utilidade pública no Consello da Xunta.

O seguinte será iniciar as labores de levantamiento topográfico e investigación da titularidade deste polígono que estará adicado á plantación de viñedos, cultivos hortícolas, entre eles o pemento de Arnoia, así como a produción forestal, gandeiría e frondosas autóctonas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio