O conselleiro de medio rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento do medio Rural, Inés Santé, e do alcalde de A Arnoia, Rodrigo Aparicio, realizaron unha visita técnica ao polígono agroforestal de Remuíño.
Alí continúan os traballos de desbroce por parte da Xunta de Galicia para a posta en marcha deste polígono agroforestal, o máis grande da provincia e o segundo de Galicia cunha superficie de 224 hectáreas. Tamén é un dos máis complexos debido ao elevado índice de parcelación da terra.
A iniciativa está enmarcada dentro da Ley de Recuperación da Terra Agraria e foi declarada esta misma semana de utilidade pública no Consello da Xunta.
O seguinte será iniciar as labores de levantamiento topográfico e investigación da titularidade deste polígono que estará adicado á plantación de viñedos, cultivos hortícolas, entre eles o pemento de Arnoia, así como a produción forestal, gandeiría e frondosas autóctonas.
![](https://arnoia.socomunicacion.com/wp-content/uploads/2024/02/Continuan-os-traballos-para-a-posta-en-marcha-do-poligono-agroforestal-de-Remuino-1024x577.jpeg)
![](https://arnoia.socomunicacion.com/wp-content/uploads/2024/02/Continuan-os-traballos-para-a-posta-en-marcha-do-poligono-agroforestal-de-Remuino2-1024x577.jpeg)
![](https://arnoia.socomunicacion.com/wp-content/uploads/2024/02/Continuan-os-traballos-para-a-posta-en-marcha-do-poligono-agroforestal-de-Remuino3.jpeg)
![](https://arnoia.socomunicacion.com/wp-content/uploads/2024/02/Continuan-os-traballos-para-a-posta-en-marcha-do-poligono-agroforestal-de-Remuino4-1024x683.jpeg)