D.RODRIGO. APARICIO SANTAMARÍA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARNOIA (OURENSE);
Que segundo se nos comunica pola Tesourería da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro, estarán o cobro, en período voluntario, no período comprendido entre o 25 de marzo e o 27 de maio, ambos incluidos, os recibos das seguintes exaccións correspondentes o ano 2024:
·IMPOSTO SOBRE VEHICULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA.
·TAXA SOBRE RECOLLIDA DO LIXO.
Os contribuíntes recibirán no seu domicilio o recibo – resgardo de aboamento, co que deberán presentarse en calquera das oficinas de ABANCA nos períodos resinados anteriormente, en días hábiles, no horario que estableza a entidade, advertíndolle que, no caso de non facelo, se procederá o seu cobramento por vía executiva, co 20% de recarga de prema e intereses de demora e, no seu caso, os costes que se produzan.
En caso de que algún contribuínte non recibira no seu domicilio o recibo – resgardo de aboamento para poder efectuar o pagamento da exacción, poderá, dentro dos períodos sinalados, retiralo das oficinas do servizo de recadación da Mancomunidade IV do Ribeiro, onde existe duplicado dos mesmos, advertíndolle que o feito de non telo recibido, non o exime da obriga de efectuar o pagamento dentro do período voluntario de cobranza, sempre que figure como contribuínte na respectiva lista cobratoria.