Historia

Historia do Concello de A Arnoia

Orixe da palabra "Arnoia"

Comenzaremos coa orixe da palabra “arnoia” da que hai diversidade de pareceres. Para Murguía na “História de Galiza”, a súa orixe ven do sánscrito de arna (rio). Según Santiago y Gómez ten outra orixe e así di o Padre Samuel Eiján:

“le busca probable origen en el dialecto guipuzcoano y vizcaíno, que llaman ardo o ardao al vino, o en el bajo navarro que lo nombra arno. Según esto, debiera darse a la palabra arnoia o arnoya, el significado vino, que se toma en antiguo gallego”.

Feitos históricos na Arnoia

Como veremos neste resumo, a historia do noso concello segue os grandes fitos xerais da historia de Galicia.

A ocupación do noso territorio remóntase a lo menos á época castrexa da cal se ten constancia. Tamén quedou constancia en Arnoia do paso dos romanos, a través de restos arquelóxicos. Xa na Idade Media, e ao amparo dos mosteiros, existen varios escritos referentes ás terras de Arnoia. A Inquisición tamén estivo presente en Arnoia, así como os franceses, que pasearon por estas terras e as partidas carlistas. Todo isto quedou ben documentado grazas a, entre outros, os escritos do Padre Samuel Eiján.

Podemos polo tanto, en base aos restos arqueolóxicos atopados, e os escritos existentes, distinguir na historia de Arnoia as seguintes épocas:

  • Arnoia castrexa
  • Arnoia romana
  • Arnoia na Idade Media
  • A Inquisición en Arnoia
  • Os franceses en Arnoia
  • Os Carlistas en Arnoia

Documentos de interese

Foto do “orfeón” de Arnoia, chamado “Airiños da Aldea”, do ano 1929, retratados despois de gañar un campionato de corais en Ribadavia, e na que poden verse a personaxes como “O Cartelle”, ao párroco D. Emilio, Rodrigo (o cantor) de Sendin, o Guntín do Bacelo e outros da época que os veciños de maior idade poderán recoñecer.

Scroll ao inicio