Patrimonio natural
- Inicio
- Patrimonio natural
Patrimonio natural
A terra de Arnoia comprende, ademais da área do val -en donde se traballan os cultivos de viñas e hortalizas- unha zona alta, de orografía rocosa e practicamente despoblada. É terreo forestal, que representa algo mais da metade do termo municipal, no que o pino avanza sobre as frondosas. A través das “fortes costas esmaltadas de viñas” (Otero Pedrayo), o arnoiés comtempla o perfil do Coto Novelle, o pico máis alto do municipio, cos seus 714 metros.
Dentro da relación de espazos naturais recollidos polas Normas Complementarias e Subsidiarias de planeamento realizadas pola COTOP (Xunta de Galicia), aparecen como catalogados as ribeiras do Miño, a delimitación do espacio presenta unha zona de influencia antrópica, cos aterrazamento de viña e de horta. O seu principal interese é paisaxístico.
Tamén debe ser tido en consideración o cañón do río Arnoia, que da lugar a paraxes como A Peneda, bosque onde abondan sobreiros, cun vello pobo abandoado, as recuperadas fábricas da electricidade, e as augas do Arnoia que “el accidentado suelo las obliga continuamente a colarse entre las rocas que las rompen en mil espumas”, e siguen dicíndonos os autores de “Ourense Natural”: “Pocos lugares como este en toda la provincia orensana, deparan en verano sensaciones tan agradables y placenteras”.
Seguindo río abaixo atopamos Silvaescura que lle parece a don Ramón semellante en nome e beleza á Schwarzswald alemana. Mais abaixo o Inquiau, onde se constrúe unha área recreativa no medio do río que se parte en pequenos brazos, recuperando os muíños dez, en referencia as súas pedras. Despois de pasar a ponte medieval e máis muíños chegamos á área de recreativa de As Poldras e logo á desembocadura formando dous pequenos islotes graníticos Os Castelos.
As numerosas áreas recreativas, acertadamente integradas na paisaxe; sen estridencias, contribúen a mellorar a oferta turística. Conta o municipio coas áreas de:
· A Ínsua (Inquiau).
· As Poldras.
· A Queixeira.
· A Reza.
O enclave privilexiado, a vexetación, o clima, as augas termais e as características fluviais son condicións naturais aproveitadas con acerto e coidadas con esmero, e posibilitan unha rica e novedosa oferta turística no municipio.