Contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciada pola Unión Europea

Novas

Contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciada pola Unión Europea

O Concello de A Arnoia, ten concedida unha subvención para a contratación laboral temporal dunha persoa desempregada ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, publicada no DOG núm. 108 de 11/06/2026. Ao abeiro desta orde levouse a cabo a contratación dun posto de Monitor/a de Actividades Recreativas e de Lecer, grupo de cotización 5 (CNO 3724), durante 9 meses a xornada completa.

O importe da axuda concedida ao Concello de A Arnoia, ascende á cantidade de 16.902,64 euros

Esta axuda está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4 “Unha Unión Europea máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1 “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02 “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio