Subvención ao Concello de A Arnoia para adquisición de equipamento para a prevención de incendios forestais

Novas

Subvención ao Concello de A Arnoia para adquisición de equipamento para a prevención de incendios forestais

O Concello de Arnoia foi beneficiario dunha subvención ao abeiro da Orde de 3 de xuño de 2026 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de competencia competitiva para a adquisición de vehículos, as súas adptacións e maquinaria vinculada á actuación de prevención de incendios forestais, cofinanciadas nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. O importe da subvención foi de 10.951,24 euros, sendo o custo total do proxecto de 18.252,06 euros. A actuación elixida foi a adquisición de equipamento para prevención de incendios forestais; en particular, unha rozadora autopropulsada.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio