O Concello de Arnoia informa aos veciños e veciñas do municipio que dispoñan de vehículos agrícolas da presenza dunha unidade móbil para realizar a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) en Arnoia.
A unidade móbil estará situada nas proximidades da nave de maquinaria do Concello, na Urbanización Vila Termal, nos seguintes días e horarios:
- 24 de setembro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.
- 25 de setembro: de 9:00 a 13:30 horas.
A inspección está destinada aos seguintes tipos de vehículos:
- Tractores agrícolas.
- Motocultores.
- Maquinaria equiparada, como motogüadañas, motosegadoras e similares.
Cita previa
As persoas interesadas poderán solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web de SYC ITV, no apartado de cita previa.
Requisitos e documentación
Para realizar a inspección, os vehículos deberán acudir coa documentación correspondente: tarxeta ITV, permiso de circulación e cartilla de inspección agrícola. No caso de non dispoñer dalgún destes documentos, deberá presentarse calquera outra documentación que permita acreditar as características técnicas do vehículo e a súa propiedade.
Así mesmo, recoméndase comprobar previamente o correcto estado dos principais elementos do vehículo, especialmente:
- Catadióptricos e elementos reflectantes.
- Sistema de iluminación e sinalización.
- Proxectores e tulipas.
- Número de bastidor e motor, que deberán estar limpos e identificables.
- Instalación eléctrica.
- Sistema de dirección.
- Freos de servizo e estacionamento.
- Estado do piso dos remolques.
- Luz xiratoria de cor amarela nas máquinas agrícolas autopropulsadas, agás motocultores e similares.
A ITV dos vehículos agrícolas é obrigatoria. Esta unidade móbil representa unha oportunidade para realizar a inspección no propio municipio, evitando desprazamentos a outras localidades.
Para máis información ou para solicitar cita previa, pódese contactar co teléfono 981 92 80 80 ou consultar a páxina web de SYC ITV.





