Axudas da Xunta para a adquisición de vivenda para a mocidade

Novas

Axudas da Xunta para a adquisición de vivenda para a mocidade

A Xunta ven de convocar axudas para a adquisición de vivenda, dentro do plan estatal de vivenda. Para acceder a estas axudas, hai que ser menor de 35 anos, e ter nacionalidade española, ademáis duns ingresos da unidade de convivencia iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM. A vivenda ten que estar situada nun concello de menos de 5000 habitantes.

Prazo ata o 1 de setembro de 2021

Asesoramento e información no Concello de Arnoia. AEDL: Bárbara Carballeira. De luns a venres , de 09:00 a 14:00. Teléfono 988 48 69 00.

Scroll ao inicio