Proxecto de mellora da eficiencia enerxética do alumeado público exterior do Concello de A Arnoia

Novas

Proxecto de mellora da eficiencia enerxética do alumeado público exterior do Concello de A Arnoia

Por resolución do Director Xeral do IDAE de 21/10/2018, concedeuse axuda ao amparo do RD 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulare de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, por un importe de 120.977,20 euros.

A actuación que consta co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) consiste na renovación das instalacións de alumeado en 234 puntos de luz, substituíndo a luminarias de vapor de sodio por tecnoloxía LED, así coma actuando en cadros de mando. Producirase un aforro enerxético do 72%.

Scroll ao inicio