Segunda Edición da Arnoia Sup Challenge

Novas
Participantes do Arnoia SUP Challenge remando en paddle surf no río

Segunda Edición da Arnoia Sup Challenge

Esta pasada fin de semana tivo lugar a segunda edición da Arnoia Sup Challenge, un evento que consolida ao noso Concello como referente do paddle surf e dos deportes náuticos.

Deportistas de 5 países déronse cita en dúas xornadas nas que se desputaron a Copa de España de Longa Distancia, a Copa de España da modalidade Sprint e foi tamén unha das probas da Copa Galega de Paddle Surf Race.

Tamén houbo actividades para todos os públicos como unha travesía popular para achegar este deporte á veciñanza, ás familias e a todos aqueles que quixeron gozar do evento fóra da competición.

Este evento potencia o noso municipio como destino de turismo deportivo e da visibilidade a esta lámina de auga” que tanto aprecian os deportistas.

Scroll ao inicio