Visita nos Olivares de Arnoia e na Almazara OlivArnoia

Sin categorizar

Visita nos Olivares de Arnoia e na Almazara OlivArnoia

Recibimos a visita dun grupo de prensa nacional e internacional nos Olivares de A Arnoia e na Almazara OlivArnoia. Esta Press Trip permitiu que xornalistas galegos, nacionais, portugueses e ingleses descubrisen de primeira man a calidade dos nosos produtos, promovendo o coñecemento sobre os cultivos e as producións dentro do marco dunha produción sostible.

Galicia, destino sostible

Sempre é un pracer promover o noso rural, e aínda máis logo de degustar o “ouro líquido” que se obtén grazas ao proxecto dun grupo de entusiastas que recuperaron este cultivo e tradición en A Arnoia. É fundamental seguir apoiando estes esforzos sostibles para continuar ofrecendo produtos de calidade que poñan en valor a nosa terra.

Grazas a OlivArnoia por abrir as túas portas e compartir a túa paixón, mentres percorremos xuntos o camiño cara a un futuro máis sostible!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tes algunha dúbida?

Si tes algunha dúbida podes comunicarte connosco a través de calquera das canles de comunicación do Concello.

Scroll ao inicio